Conoce Ourense

Imprimir

O filme A familia Bélier pecha o ciclo de cine «Mulleres» na Sede Afundación de Ourense

Afundación | 16 de abril de 2018

Ciclo de cine: "Mulleres"
Ciclo de cine: "Mulleres"

Catro filmes conforman este ciclo organizado pola Obra Social de ABANCA para conmemorar o Día Internacional da Muller

Afundación, a Obra Social de ABANCA, pon fin ao ciclo de cinema «Mulleres» na súa sede de Ourense (av. de Pontevedra, 9) coa proxección, mañá martes 17 de abril, a partir das 20.00 h, do filme A familia Bélier (trailer). A entrada é libre e gratuíta ata completar a capacidade.

Este ciclo de cine é parte da programación que a Obra Social de ABANCA deseñou para conmemorar o Día Internacional da Muller. 


A familia Bélier é unha dramedia francesa dirixida por Éric Lartigau no 2014. Na familia Bélier todos os membros son xordos agás Paula, a filla adolescente que é a encargada de xestionar os labores cotiáns como falar por teléfono, tratar co banco ou acompañar os seus pais e irmán ao médico, ademais de manter a granxa na que viven. O seu profesor de música descobre os seus dotes para o canto e a música e anímaa a formarse e a dedicarse a iso. Paula debe decidir se independizarse da súa familia, para quen o concepto de música é algo totalmente descoñecido.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /articulo/actualidad/filme-familia-belier-pecha-ciclo-cine-%C2%ABmulleres%C2%BB-sede-afundacion-ourense/20180416161949000668.html


© 2020 Conoce Ourense

Conoce Ourense. Periódico Digital Colaborativo

conoceou@gmail.com