O VENRES 25 DE MAIO ÁS 19:30 HORAS NO CENTRO CULTURAL ÁNGEL VALENTE

Xabier Limia de Gardón pecha o ciclo "Mirar un cuadro"

O ciclo «Mirar un cuadro. Manual de instrucciones» chega ao seu fin coa visión de Xabier Limia no seu relato "Bañistas: de Hockney a Chirico pasando por Cezánne". Catro historiadores da arte ourensáns deron a súa visión sobre obras fundamentais da pintura universal

Xabier Limia de Gardón pecha o ciclo "Mirar un cuadro"
David Hockney Portrait of an Artist (Pool with Two Figures) 1972 Private Collection
David Hockney Portrait of an Artist (Pool with Two Figures) 1972 Private Collection

Mañá venres ás 19:30 horas o ciclo de conferencias sobre arte, organizado pola Fundación Cum Laude,  "Mirar un cuadro. Manual de instrucciones" chegará ao fin desta tempada coa intervención de Xabier Limia de Gardón, que leva como título "Bañistas: de Hockney a Chirico pasando por Cezánne".

Xabier Limia de Gardón é natural da vila de Cea, e Doutor en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor-titor da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) e profesor de Ensino Medio en Maristas, Colexio Santa Mª de Ourense, nos que alecciona dende as materias da súa especialidade.

Membro fundador do Grupo de Arte ‘Francisco de Moure’ para o estudo e divulgación do patrimonio artístico de Ourense, e tamén da Asociación Galega de Amigos do Camiño de Santiago (AGACS), e da Fraternidad Internacional del Camino de Santiago (FICS), pertence ademáis á Fundación Premios da Crítica de Galicia. Ten participado en numerosos congresos da súa especialidade, nacionais e internacionais, con comunicacións e conferencias, publicadas nas correspondentes actas científicas.

Tamén é columnista habitual do periódico La Región e escribe no seu propio blogue "Do gran ó pan"