As XV Xornadas Interxeracionais teñen lugar hoxe en distintos puntos da cidade

Quince anos xogando xuntos

Persoas de todas as idades e condicións están convidadas a unha xornada de convivencia, nas que o único requisito e ter ganas de xogar e divertirse.

Quince anos xogando xuntos
Xornadas Interxeracionais 2017. Foto de Millán Brea
Xornadas Interxeracionais 2017. Foto de Millán Brea

Organizadas polos estudantes da Facultade de Ciencias da Educación e ATEGAL  chegan un ano máis as xornadas interxacionais, nas que a través do xogo se conectan os costumes e a sabiduría de persoas con ganas de compartir o seu tempo.

Cartaz XV Xornadas InterxeracionaisPrimeiro serán os estudantes os que se acheguen ao centro da cidade, sendo o punto de encontro as 10:00 horas na Praza Maior, onde se leerá o manifesto interxeracional. Tras iso comezarán os xogos que trasladarán aos participantes ao Xardín do Posío arredor das 11:00 horas.

Xa pola tarde, e despois de recuperar forzas, é hora de achegarse ao Campus Universitario, no que as 17:00 horas se retomarán os xogos; e no propio Campus, no Edificio de Ferro, faráse o peche da xornada cunha merenda.

Millán e Marisa, desde o comezo

Fai quince anos Millán Brea estudiaba Ciencias da Educación, e quería facer algo onde persoas maiores e estudantes universitarios intercambiasen experiencias, así que contactou con Marisa Justa, coordinadora das Aulas da Terceira Idade en Ourense. Os dous tiveron claro que ese intercambio debería desenvolverse dun xeito lúdico, e atoparon no xogo o elemento perfecto para que universitarios e persoas da terceira idade se relacionasen.

Millán ve orgulloso como as xornadas se manteñen 15 anos despois, con máis participantes e coa incorporación de colexios ou asociacións de persoas con discapacidade. Está experiencia lévao a estar planeando unha nova actividade interxeracional, da que esperamos ter novas moi pronto, nunha cidade na que observa importantes carencias nos seus servizos sociais.

Comentarios
Quince anos xogando xuntos
You are using Opennemas CMS
TRY IT NOW