XORNADAS DE PORTAS ABERTAS NA NOVA ESTACIÓN DEPURADORA DE AUGAS RESIDUAIS

Unha visita para coñecer a depuradora de Ourense

A instalación inaugurada en xullo de 2017 ten capacidade para tratar a auga de ata 350.000 habitantes e conta cos últimos avances en materia de depuración de augas e reducción de olores.

Unha visita para coñecer a depuradora de Ourense
Zona de tratamento primario EDAR Ourense
Zona de tratamento primario EDAR Ourense

Cartel Portas Abertas EDAR Ourense

A empresa concesionario do servizo de augas na cidade de Ourense, Viaqua, organiza ata o vindeiro luns 30 de abril visitas guiadas para coñecer o funcionamento da nova estación depuradora de augas residuais de Ourense. Esta nova estación triplica a capacidade da anterior e conta con modernos sistemas que permiten a correcta depuración da auga, a reducción practicamente por completo da emisión de olores ou a valorización dos residuos xerados. Para poder facer a visita é preciso reservar praza no 988 25 00 88.

Durante a visita amosase como a través de procesos físicos, químicos e a acción de bacterias, a auga é depurada antes de ser devolta ao río, e como todos os residuos xerados no proceso se valorizan convertindóos en áridos, abono ou biogas.

DSC_0091

Despois de ver os residuos que se teñen que eliminar., seguro que lembraremos mellor eses consellos que todos coñecemos como non tirar toalliñas húmedas polo váter (as que poñen que se poden tirar tampouco xa que non lles da tempo de biodegradarse antes de chegar á depuradora), non desbotar restos de alimentos ou aceite polo fregadeiro ou non tirar lixo polas alcantarillas (esas cabichas!) .