ORGANIZADO POLOS ALUMNOS DE PRODUCIÓNS AUDIOVISUAIS DO CIFP A FARIXA

Hai que cantar! Música tradicional nos bares do casco vello

Cinco grupos de música tradicional e cinco establecementos do Casco Vello participarán no "V Encontro de Cantos de Taberna" o venres 15 de xuño a partir das 20:30 horas

Hai que cantar! Música tradicional nos bares do casco vello
CARTEL (2)
CARTEL (2)

Hai que cantar! recupera a tradición dos cantos de tarberna, cando grupos de música tradicional saían despois de ensaiar a tomar uns viños e uns pinchos pola zona do viños e aproveitaban para compartir neses locais co resto de clientes, que moitas veces se unían a cantar ou tocar, os temas do grupo.

Mamuxos, As Macizas Centrais, Escachaferreñas, Xúa e De pé feito rotaran desde as 20:30 horas polos locais da rúa da Paz (O Sol, Xés e Orellas) e da rúa Lepanto (A Nosa Taberna e París), rematando arredor das 23.30 horas, co fin de festa na Praza do Trigo.

ROTEIRO

Xa é o quinto ano no que o alumnado do Ciclo de Produción de Audiovisuais do CIFP A Farixa organiza este evento, como un modo de poñer en práctica o aprendido e ter contacto de xeito real con todo o que conleva organizar un evento, como xestión dos grupos, búsqueda de espazos ou patrocinadores, conseguindo a colaboración de Grupo Reboreda Morgadío e Lugra.