O SÁBADO 26 DE MAIO, ÁS 11.30 H, NA SALA DE EXPOSICIÓNS AFUNDACIÓN DE OURENSE

Afundación achega a figura de María Victoria Moreno aos máis pequenos a través dos contos

A Obra Social de ABANCA organizou unha programación de conta contos en todas as súas sedes sobre a vida e obra da escritora homenaxeada este ano polo Día das Letras Galegas

Afundación achega a figura de María Victoria Moreno aos máis pequenos a través dos contos
Os Piñeiriños
Os Piñeiriños

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta un programa de conta contos dedicado á homenaxeada deste ano, María Victoria Moreno, que se desenvolverá en todas as súas sedes de Galicia. A través de poemas musicados, teatro, contos e bailes, os nenos e nenas de
entre 4 e 8 anos e as súas familias poderán coñecer quen foi María Victoria Moreno e as súas obras máis representativas dun xeito lúdico.

O grupo «Os Piñeiriños» será o encargado de dar vida a estas historias o 5 de maio, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Santiago de Compostela e ese mesmo día, ás 17.30 h, no Café Moderno Afundación de Pontevedra. As seguintes datas serán o 12 de maio, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Lugo; o 19 de maio, ás 12.00 h na Sede Afundación da Coruña e ás 17.30 h na Sede Afundación de Ferrol; o 26 de maio, ás 11.30 h, na Sala de Exposicións Afundación de Ourense; e finalmente, o 2 de xuño, ás 12.00 h, na Sede Afundación de Vigo.

As entradas para participar están dispoñibles na web Ataquilla.com